CANTIGA DE AMIGO

NESTE ALBORAR DE XEO
MOLLADO POLO ORBALLO MIUDO
OLLO O TEU PARTIR, CEDO
CANDO O QUENTE LEITO, AMORNECE VALEIRO.

NESTA PRISIÓN ADOEZO
NESTA SOEDADE Á QUE NON DOU AFEITO,
ATAFEGO, FÍO, PORFÍO
ESTE TEAR QUE Á NOITIÑA DESFÍO.

FALTA DO TEU AGARIMO,
EU TORNO AGRE ACOTÍO,
MENTRES APOXO A ESTE NENO
QUE MEDRA SEN ALENTO DE PAI.

HEI DE DAR BAGOAS A EITO,
PINGAS DE RÍO, RETORTO LEITO,
ENCORO QUE TORNA FERVENZA
QUE ASOLAGA A MIÑA SOEDADE

QUE ME DEIXA SEN FOLGOS.
AMOLEZO, SEN ACADAR ACOUGO,
PORQUE SINTO CIUMES DOS BEIZOS
QUE CHE ENTREGA A BRISA DO MAR.

BULE, MARIÑEIRO BULE,
CÉIBAME DA MIÑA SORTE,
NON DES A ESQUECEMENTO,
ESTA ÁNIMA FERIDA DE MORTE.

Emma Romero: voz, Cachelo: guitarra, saxo.